Que teño que facer para realizar una compra na tenda do barrio?
Para comprar na tenda débeste rexistrar coma cliente, acceder ao noso catalogo on-line dende diferentes sitios da nosa paxina web e engadir os produtos da túa interese ó teu carrió da compra. Para máis información consulta a nosa guía de compra.
Que formas de pago podo utilizar para realizar una compra?
- Visa e Mastercard.
- Bizum
- Transferencia bancaria
- Paypal
Canto tardarei en ter o meu pedido na casa?
Depende do barrio da cidade na que vivas¡ Para os de Coruña, garantimos o teu pedido nun prazo de 24 a 72 horas, sempre que teñamos as camisetas dispoñibles na nosa tenda. No caso do resto do estado Español, o prazo máximo son 5 días, a excepción de Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla que son 7 días.
Nos casos das reservas o tempo máximo de fabricación son 30 días.
Para outros países fainos chegar a tua consulta e calculamos canto tarda en chegar unha camiseta de Os Castros a New Jersey.
Para todas estas consultas relacionadas cos tempos de envío, non dubides en poñerte en contacto con nós enviando un correo electrónico a info@xentedebarrio.es
Onde podo consultar as tallas disponibles para a miña compra?
Se queres máis información relativa a dispoñibilidade das tallas e medidas dos produtos de Xente de Barrio, podes consultar a ficha de cada produto, onde poderás ver se esta dispoñible ou para reservar. En canto ás medidas, podes consultalas na guía de produto dentro de cada modelo.